¿Fai falta, en realidade, alonxarnos do presente para comprender o pasado?

viernes, 18 de mayo de 2012

Lembrando-esquecendo-a Galicia do século XX

Abrin o baúl. Unha nube de pó elevouse dende o seu interior. Pregunteime cantos anos levarían aqueles xornais metidos naquel arcón, aliméntandose sempre do mesmo osíxeno. A nosa Terra, Nós, El pueblo gallego... Boteilles un vistazo. As follas, ríxidas como a corteza das árbores, desfacíanse nas miñas mans. Saquei os xornais da caixa procurando estragalos o menos posible. No fondo do baúl había algo máis. Eran unhas fotografías en branco e negro, probablemente da mesma época que os xornais que, a xulgar polo rótulo do cofre, databan do século XX. De todos os retratos que alí atopei só lembro catro e así é como se aparecen na miña mente:






 Resulta compricada a sensación que percorre o meu corpo cada vez que me lembro dese intre... De cando, tan só por curiosidade, abrín aquel cofre vello. Lembro que nese instante me sentin... Vaia, non sabería explicalo. Sentinme coma un sicario, non sei. O meu traballo nese intre deixaba de ter senso. Pero, a lo menos, aprendín algo aquel día. Os meus superiores dixéranme sempre que non debía abrir os cofres que eu custodiaba. A miña labor limitábase a asegurarme de que todas aquelas caixas vellas foran vertidas ó exterior da nave. Tan só era lixo espacial. Eu sempre gustaba de ver como se perdían no espacio, como desaparecían pouco a pouco entre as estrelas. Pero dende que abrin aquela caixa... Fíxome sentir algo dentro de min que non me gustou nada. Comenteillo ó meu superior e recetoume unhas cápsulas máxicas para esquencer esa presión no meu peito coa que non podía convivir. Mais non fixeron o efecto agardado e eu, a causa da miña neglixencia, fun despedido do meu oficio de vertedor de lixo espacial. E consecuentemente, fun expulsado da nave. Agarda un intre. E, agora, onde estou?


Ó filtrarse os raios de luz entre as polas da castiñeira que crece xunto á ventá da miña habitación comecei a ser consciente doutra realidade. Abrin os ollos. As sombras que proxectaba a árbore na parede da miña habitación axitábanse vagarosas, coma xogando entre elas. De súpeto comprendín o que me acababa de suceder; o soño ou, máis ben, pesadelo, que asoballara o meu subconsciente ata que as primeras luces do día fixéronme espertar. Incorporeime na cama, cousa que cada vez me custaba máis dores nas costas. Erguinme e achegueime á mesa á cal me soía sentar a escribir, situada baixo a ventá, acoubillado pola maxestuosa castiñeira. Mirei as letras do último que tiña escrito. As palabras. Tentei pronuncialas ó aire e non puiden evitar que as bágoas daquel vello esvararasen polas súas enrugas. 

E se fora verdade e, algún día, todo aquilo que veían os meus ollos, aquilo que pronunciaban os meus beizos, remataba por converterse en lixo espacial? E se algún día se cambiaban as tornas e aquilo, as palabras que tiña entre as miñas mans, as mesmas que todavía frotaban no aire, remataban por converterse en soños e o que eu antes tiña soñado fora, se cadra, a realidade dun futuro próximo?

Abrin a ventá e deixei que a brisa da mañá acariciara a miña cara. Eu, tan só, pechei os ollos.

Lembrando a transformación do fútbol (do Dépor) en Galicia

O deportivo da Coruña nace no ano 1906 co nome de "Club Deportivo de la Sala Calvet". Será tres anos máis tarde cando, con motivo dunha visita do rei Afonso XIII á cidade, se nomee ó mesmo como presidente honorífico adquirindo así o nome actual: Real Club Deportivo de la Coruña.



Cal é a historia deste clube? Para sabelo non tedes máis que facer clique aquí; a Wikipedia pode resolver todas as dúbidas ó respecto. Eu vou falar doutra cousa. E podería ou ben poñerme no lado do aficionado devoto dicindo: Como é posible que un grupo de compañeiros que se reúnan para xogar acaben, sen darse case de conta, construindo algo tan grande, unha paixón, un sentimento coma é o Deportivo da Coruña? Ou podería, tamén, comezar dicindo: Como é que algo tan san e tan puro coma facer deporte acabe estigmatizado de tal xeito pola codicia do home chegando, incluso, a cegar a este facéndoo esquencer a súa vida real? E case que me quedo coa segunda...


No momento en que se chega a algo, no momento en que se triunfa e ábrense camiños cun fermoso paisaxe no horizonte os intereses económicos aparecen como as abellas nun campo en primaveira. Pero, obviamente, os intereses económicos non se moven sós; son parásitos que se alimentan da debilidade e da avaricia dos homes e poden residir no seu organismo ata o seu último alento chegando a nublar por completo a vista do seu hóspede e creando unha nova retina.



Ben, iso por un lado... Por outro temos a alma perdida, o eu esquencido nalgunha etapa da vida, posiblemente na adolescencia. A persoa vacía ou enganadamente chea. Falemos, pois do hipócrita que confunde un hobby, unha afición, con algo que na realidade está a acaparar a súa vida ata o punto de que o seu estado de ánimo e a súa felicidade depende do estado actual e futuro do seu clube pasando así a súa familia a ocupar un lugar secundario a pesar de que unha voz lle susurra na súa cabeza: <<A túa familia é o primeiro, o que pasa é que tes unha afición, nada máis... O futbol só te importa o xusto>>. Distinguimos, pois, dous tipos de hipócritas. O hipócrita en grado maior, que é do que veño de falar, e o hipócrita en grado menor que, a lo menos, recoñece que o fútbol lle leva a vida e que é o que enche a súa existencia (falemos dos Blues ou outros tantos...).



Pero isto trae consecuencias colaterais... Casualidade? Temos xente que non pensa máis que no fútbol. Quero dicir, xente que non pensa, punto. Repito, casualidade? Casualidade que outros poidan mover máis fichas, roubar, enganar, sen que a xente se alporice máis do xusto porque prefire ver un partido a pensar? É tan só froito do azar ou da propia demanda que a programación das televisións públicas e tamén privadas  esté asolagada de fútbol?


Eu tan só invitaría a pensar no empresario. Non no empresario medio, no empresario de verdade, no capitalista auténtico, chámalle Rockefeller ou chámalle como queiras. Imaxínao sentado no seu sofá, cunha copa de whiskey con xeo na man falando cun colega de oficio-de intereses-, dicindo mentres mira a súa copa: << Queren fútbol? >>. Agora levanta a mirada e mira ós ollos ao seu compañeiro. << Pois darémoslles fútbol, que non se diga que miramos só por nós mesmos >>.


Non sei ti, pero eu xa escoito as súas risas aquí, e iso que nos separa un océano enteiro.



martes, 24 de abril de 2012

Lembrando a Rosalía, escritora, e á figura do pensador libre

Rosalía de Castro... En fin, o nome fala por sí só. Todos sabemos que xunto con Curros e Pondal é unha das figuras clave do Rexurdimento galego e da historia da literatura galega, así que non penso falar da súa obra, nin engrandecela con epítetos baileiros... Se imos empregar unha palabra mellor facelo por algo e non só por que quede ben ou poida parecer que queda ben, non sei se me explico...


Esta muller que todos cremos coñecer era, en realidade, unha escritora. Sí, unha escritora! Pero sabemos de verdade qué comporta iso? O mortal común do século XXI soe decantarse por dúas opcións. A primeira é que ser escritor ou escritora é cousa de xente que se aburre moito, que non ten outra cousa que facer que porse a contar historias para, se é posible, sacar tallada. A segunda postura coloca á figura do escritor nun nivel superior ó puramente humano; o idealiza e soña cun alter ego bohemio, alonxado da realidade, sensible como os deidificados autores dos centenares de libros que ocupan as estanterías da súa biblioteca. Mais, volvendo a Rosalía, quén era esta autora? Qué lle pasaba? Aburríase moito ou era superior a nós? Agarda un intre...  E se fora alguén igual ca nós? Alguén sen total liberdade de expresión pero con liberdade de pensamento... Entón debo correxirme. Quixen dicir alguén potencialmente igual ca nós, pois a esclavitude mental dorme profundamente na alcoba da maioría das mentes do home contemporáneo.


 A maioría das persoas que intenten reflexionar sobre o que aquí escribín concluirían axiña os seus pensamentos deste xeito: "Pero Rosalía tiña un don, nada de liberdade de pensamento, a diferencia é que hai xente que ten talento para unhas cousas e outra para outras. Rosalía escribía, e punto". Surxiu unha dúbida na súa cabeza, un susurro na súa mente que case desperta o ser que durme alí e, este, protestou taxante para que o deixasen durmir. E este é o mecanismo que rixe a maioría das mentes; ante o temor de facelas espertar chegan á conclusión máis lóxica posible e se aferran a ela para dar por zanxado o asunto e que o lirón poida continuar no seu coma. Non sei se me explico... Vou poñer un exemplo: Supoñamos que lle preguntamos a un destes home soporíferos por qué se sente tan atraído polos peitos femeninos. Pois, non sei...-diría-, en fin, é unha muller, é loxico que me gusten os seus peitos. Pero por qué? É unha muller ho, por qué vai ser-diría xa nun ton molesto. Se lle explicase que os peitos son símbolo da maternidade e que, como seres humanos que somos, a nosa natureza fai que nos sintamos atraídos por iso, él pensaría primeiro: pero eu non quero ter fillos... O cal o remitiría a plantexarse a cuestión que lle propuxen. E neste intre é cando sóa unha melodía lonxana na habitación da súa mente que apenas molesta ó demo que durme nela. Que pasaría, logo, si lle poñemos a un tipo tocando o bombo á porta da habitación continuamente? Pois, a verdade, como este demo é tan astuto, colocaríase os mellores tapóns do mercado nos oídos e problema resolto. Creo que me vou explicando...


En resumo; ninguén excepto un mesmo pode rematar con este demo que non habita na maioría dos personaxes de sona como Rosalía, aínda que moitos si o teñen e fan coma que non é así. E o que pretendo falando disto partindo de Rosalía é dar unha visión diferente da súa figura máis aló do tedioso informe que aparece nos libros de texto. Pois a información de verdade, Rosalía en sí, non reside na súa biografía nin na súa bibliografía, reside nas súas palabras, nos seus libros e quen queira coñecela ten que lelos. Pois quen crea saber quen é un escritor tan só por coñecer o seu nome é un hipócrita. E eses textos vacíos que nos remiten a ela actúan coma somníferos dos que se alimenta a nosa mente e, se non deixamos que a nosa curiosidade revolotee pola nosa cabeza, viviremos sempre no sopor e quedarémonos ás portas de nós mesmos.


Conclúo cunha cita de Bob Marley: "emancipate yourselves from mental slavery, none but ourselves can free our minds": Emancipádevos da esclavitude mental, pois só nós mesmos podemos liberar as nosas mentes.
Sí, Bob Marley non só fumaba porros, tamén pensaba! E creo que xa quedou claro a qué me refiro con pensar.


miércoles, 21 de marzo de 2012

Lembrando a Antonio Raimundo Ibáñez Llano y Valdés


Sen puntos e a parte. O marqués de sargadelos, foi linchado na porta da súa casa acusado de afrancesado. Crear unha fábrica de ferro e, máis adiante, unha de cerámica en Sargadelos levará o marqués á morte. Pero, por qué matalo? Hay que dicir que tamén fabricaba armas, pero non está facendo crecer a industria do país? Non está mellorando así a economía e o comercio nacional? A día de hoxe parece inhumana a cruenta escena que tivo lugar na porta da súa casa. Non obstante a situación pode entenderse dende dous puntos de vista. É ben certo que a fábrica de Sargadelos, froito dun emprendedor capitalista como Antonio Raimundo Ibáñez, foi unha oportunidade para España a nivel industrial e económico de considerables dimensións. E é certo tamén que se non fose asesinado de maneira tan cruel en Ribadeo, no 1809, poida que o seu proxecto  tivese acadado cumios moito más ambiciosos. A pesares de continuar funcionando a fábrica até o ano 1875, caía sobre ela o peso do escuro episodio na porta da casa do fundador. E, tal e como foi, o que puido ser non foi, a lo menos aquilo que podería ter sido se non se asesinase o Marqués de Sargadelos… Non obstante, hai que ter en conta a mentalidade dos asasinos do Marqués. A idea do capitalismo-a idea, tan só-, amosábase coma un cadro abstracto de cores negras e grises o cal calquera puritano, en tanto de coñecementos artísticos, non querería ter colgado enriba da cheminea da súa casa baixo ningún concepto. Non digo que fosen uns ilusos; o cadro do que falaba podería ser, ademáis de complexo a hora de entender e valorar, pésimo e horrendo coma ningún. Non obstante cando ves ameazada a composición e o estado natural da túa casa o mellor é sempre evitalo, non vaia ser (sobre todo se es galego). O concepto global de capitalismo e este caso puntual están estreitamente relacionados, non obstante falar de capitalismo, en rasgos xerais, causas e consecuencias, vantaxas e desvantaxas, sería entrar noutro debate. O que paga a pena apreciar e as dúas posturas que veño de marcar. A postura, se cadra máis sensata e prudente (non digo que sexa sensato e prudente asasinar, claro) e a postura ambiciosa, incerta, pero prometedora que tan ben caracteriza ó ser humano (e ó mesmo tempo o inhumano como noción), a cal leva a un cego de ollos sans, en moitos casos, a convertirse nun cego de ollos sans que deixa de ver tan só tebras, escuridade, e pasa a ver unha imaxe. Unha fotografía a cor que permanece sempre na súa retina, tanto se ten os ollos abertos coma se os ten pechados. Unha imaxe de beleza tal que todo o que non teña nada que ver con ela é tan desprezable e carente de significado como aquilo que non existe.

Lembrando a Batalla de Doniños

http://www.youtube.com/watch?v=o5saZD41vlM

martes, 7 de febrero de 2012

Lembrando á muller na Idade Media...

Se es muller, (ou home), e queres saber que facían as mulleres na Idade Media, ou a que se adicaban principalmente, fóra da súa condición de mulleres, a cal, polo de agora, segue sendo a mesma, invítote (ou invita Manolo, máis ben), a ver este clip.



Lembrando como lembrar a Idade Media en Galicia facilmente...

Agora xa non está de moda o método da marcha atrás... Creo que sabedes de que falo. Eu vou empregalo agora mesmo para que vexades qué facil é. Non obstante o fago só para explicar unha das técnicas posibles, se non tes facilidade ou tendencia natural...

Ben. Queremos entrar na Idade Media en Galicia, non é? Pois xa que Galicia a coñecemos empecemos por aí. Que tal O Courel? Para quen non o coñeza deixo unha fotografía dun bosque de castiñeiros do lugar.




Agora imaxinémonos que estamos aí mesmo. Como queremos entrar na Idade Media, non podemos levar a roupa que levamos agora nin o teléfono móvil. Así que imaxina a roupa que ti cres que levaban na Idade Media os galegos, se non sabes con certeza qué soían levar posto. Seguro que algo imaxinas.
Xa con isto, aí, xunto a un castiñeiro, miras fixamente cara él. Pechas os ollos. Lembra que estás na Idade Media, deixa que a túa cabeza, que da para moito máis do que cres, se encargue do demáis. Agora ábreos.

 Daste a volta. Todo está igual, verdade? Tan só os castiñeiros, as súas follas, a terra... Pero a túa roupa... O vento sopra con forza. Pero agarda. Se oen uns pasos a túa dereita. Te xiras. Non é unha muller? Leva a mirada pegada ao chan e a súa roupa seméllase a túa... Parece guapa, non? Agora óese algo ó lonxe. Parecen os ferros dun cabalo golpeando no chan e cada vez soan máis fortes. Dirixes a mirada ó lugar de onde vén o son e podes velo. É un xinete vestido con armadura e portando unha lanza na súa man esquerda. Chámate a atención o fermoso cabalo branco. Ben... qué queres facer? Achégaste a misteriosa moza ou segues os pasos do cabalo?
Ou, mellor aínda, o forte vento acaba de deterse. Pero non parece que vaia ser por moito tempo. Ti verás... te subes? Promete unhas vistas estupendas da Galicia do medievo...

Eu agora déixote só. Se puxeches algo da túa parte estarás nunha especie do mundo das Ideas de Platón pero aquí as ideas son historias, historias e máis historias. Tan só tes que deixar que unha delas te ensine o seu vagar. Hai infinitas... E pronto daraste conta de que ti non estás alí, de que tan só es unha imaxe invisible; coma un soño no que ti es tan só observador.

domingo, 25 de diciembre de 2011

Lembranzas do rei suevo Hermerico

A estancia estaba anegada de cores vermellos e granates. As súas paredes estaban engalanadas con enormes lenzos que representaban escenas de caza. E delas colgaban tamén, coma trofeos, numerosas cabezas de todo tipo de animais que semellaban estar aínda con vida unidos a aquel novo corpo que formaban as paredes do salón. As distintas peles de animais que facían as veces de alfombra apenas si deixaban ver a madeira de carballo da que estaba feita o chan. E nese gran salón tan só había un moble. Un enorme trono de pedra cun respaldo no que refulxían pedras preciosas perfilando as siluetas de sete espadas que parecían ir cravarse ao chan.

Estaba todo escuro. Pouco a pouco, foi quen de percibir as borrosas formas que se amontoaban en torno a el. E cando finalmente quedou todo lúcido afogou un grito que pareceu resoar moito máis alá da súa gorxa. Que era aquela estancia? Ó principio pareceulle que o silencio que reinaba nela era impertérrito. Tiña a sensación de que podía incluso escoitar os latexos do seu corazón oprimindo o seu peito acompañados tan só polos bufidos da súa respiración axitada. Pero pronto deu na conta de que estaba totalmente equivocado. Os latexos non eran seus; parecían provir das paredes. E a respiración... non era unha senón dúas. Ou tres... Agarda un intre... Non! Eran ducias e parecían vir daquelas cabezas que colgaban das paredes coma macabros trofeos dun cazador demente. De súpeto os seus ollos puxéronse coma pratos. Que era entón o que oprimía o seu peito?

Buscou unha porta, unha saída a aquela loucura. Pero non atopou nada naquelas paredes que non foran as cabezas que agora parecían ter unha expresión de rabia e os cadros que semellaban ter vida propia na profundidade das súas cores. Que demo era aquela pesadelo no que se atopaba inmerso? Dende logo non podía soportalo máis...

Xirou sobre si mesmo varias veces. Non podía dar crédito ao que agora vían os seus ollos. Estaba pasando de verdade ou os seus nervios estaban xogando con el coma se fose unha marioneta nas mans dun desapiadado comediante? As paredes estaban encolléndose e os animais abrían as súas fauces agardando o momento de chegar onda el para poder devoralo. As peles que recubrían o chan facíanse máis pequenas e, sen embargo, o suntuoso trono de pedra permanecía co seu tamaño orixinal. Sen pensalo dúas veces foi sentarse onda el.
E mentres permanecía alí sentando, cos pés subidos ó trono e vendo como aquelas fauces achegábanse cada vez máis, anhelaba coma nunca fixera antes que fose aquela pétrea cadeira quen de salvalo daquela loucura que o atrapara como unha xigantesca onda ó engulir un barco á deriva cara a negrura das súas profundidades.


-Esperta meu rei!
O rei Hermerico abriu os ollos e viu ó máis fiel dos seus guerreiros asomado entre as teas da tenda.
-Os vándalos achéganse polo leste, cara os Montes Narvasos.
Hermerico quedouse case dez segundos coa mirada perdida nalgún punto da súa dependencia de lona.
-Meu rei?
Nese intre Hermerico ergueuse.
-Da ordes. Que todos estean listos para a batalla. Quero balerio este campamento en quince minutos.
O guerreiro abandonou a tenda do rei. Hermerico saíu ó exterior. Os primeiros raios de sol acariciaron maternais o seu rostro. O rei dos suevos deixou arrolar a súa mirada polo campamento.
Tiña algo claro. Se non morría ese día ía haber moitas almas ás súas costas desexando levalo con elas. E pode que, co paso tempo, fora quen de borrar as imaxes da batalla da súa mente. Pero hai algo que nunca sería capaz de esquecer.

As cabezas dos animais colgando das paredes vermellas daquel salón, as súas respiracións axitadas e feroces e os seus latexos, fundidos nun só, resoando nas paredes daquel salón de caza.

domingo, 27 de noviembre de 2011

Lembrando de cando levei de festa a un romano por Pontedeume (2ª parte)

Os “vapores etílicos”, como Xulio os chamaba, saturaban xa a súa cabeza (a pesares da coroa de pirixel), a miña e a das trinta ou corenta persoas que tiñamos en torno a nós. A chamativa figura do meu amigo fora achegando xente a medida que avanzaba a noite e, debeu ser gracias o alcol, a maioría dos presentes estaban xa tan seguros coma min de que Xulio viña da cidade de Roma de dous mil anos atrás.


 Xulio levaba xa tempo abondo falando da súa muller. Contounos que, polas noites, acostumaba a pasearse pola domus cunha mascarilla de pasta e leite de burra (tectorium) para mellorar o seu cutes e, ás veces, con outra feita de arroz e fariña de faba para as engurras. Dixo tamén que a súa escrava enchíase a boca de perfume e que o pulverizaba sobre a súa muller para que ulise ben-Xulio pediunos que non o contásemos por aí, pero dixo que aborrecía aquel perfume-. En fin…  Despois dixo algo que primeiro fixo rir a xente e despois case ofendeu… Contou que os romanos acostumaban a lavar os dentes con ouriños e despois deunos a noraboa a todos. A xente non comprendeu isto (non obstante algúns rían por rir). Eu pedinlle que se explicase e informounos de que os ouriños de Hispania eran os máis cotizados. E, como non, máis de un fixo a gracia e aproveitou para regar os álamos do parque dicindo a berros que era o mellor mexo do mundo. Cousas do alcol, vaia.



Despois, como non, preguntáronlle pola súa vida sexual coa muller (obviamente, non con estas palabras). E Xulio decidiu comezar polo principio: <<A noite de vodas… A verdade non sei como sucedeu aquilo-a xente estaba máis atenta que nunca-. Miña nai puxera unha xarra de mel ó carón do leito para que non me faltaran enerxías pero…-algunhas risas descontroladas-. A pesares disto non fun capaz de desflorar a rosa…>> A partir de aquí a Xulio lle custou continuar; a xente non era capaz de manter os seus abdomes relaxados. Finalmente, cando xa empezaban a doer, puido continuar: <<Obviamente tiven que actuar como manda a tradición… Obriguei a miña muller a practicar o coito cunha imaxe de madeira do deus Priapo representado, faltaría máis!, cun gran falo erecto>>. Neste momento a hilaridade acadou o seu nivel máis alto na alameda de Pontedeume e, entre berros descontrolados e risas acompañadas de bágoas, meu amigo Xulio separouse do grupo e foi baleirar o estómago xunta dun banco preto de alí. 

E, non sei porqué, pero foi aquí onde rematou a noite pois eu non me acordo de nada máis. O que pintaba ser unha das peores noites da miña vida resultou ser unha das máis memorables… Polo que sei, Xulio e máis eu volvemos na scooter xa pola mañá e el, ese mesmo día pola noite, esfumouse coma por arte de maxia cara a Antiga Roma.


Ben, aproveitando agora que Xulio xa non está na miña casa, vou falar un pouco de algo que de seguro non lle ía gustar…
 Hai moitísimas cousas que se poden sacar en limpo de nós, como homes e mulleres, se estudamos unha situación coma a da miña anécdota co meu amigo Xulio tendo tanto en conta a situación coma o feito de tratarse dun home do pasado. Pero como non quero escribir a Biblia (a lo menos non enteira) vou falar de algo concreto:
É máis que evidente que Xulio é machista a máis non poder. A súa sociedade natal o é. Pero hoxe esta idea segue existindo. Non ocorren tantas salvaxadas coma na Antiga Roma pero si ocorren. E é moi curioso que aínda que moitos homes non se consideren machistas e cheguen incluso a aborrecer iso actúen ás veces como tal, e non falo de golpear a unha muller; falo de machismo é non é só iso.

Por que as veces xogamos con algún animal pequeno como, por exemplo, cando impedimos o paso dunha formiga cos nosos pes? É para ver que fai a formiga ou porque inconscientemente nos sentimos “poderosos” ó sentirnos superiores a outro ser vivo, capaces de dominalo?

Moitos homes que sempre pensaron estar en contra do machismo actuaron algunha vez así: berrándolle a unha muller ou sentindo desprezo por ela, coma se fose algo inferior, a causa de algo que fixera. Pode ser que haxa unha tendencia biolóxica ó machismo… É dicir, que ó ser os homes máis fortes e vigorosos que as mulleres por natureza haxa unha predilección a sentirse superior a elas e, por tanto, a actuar como se tal ás veces…

Xulio está convencido de que é machista pero, e nós? Soemos crer que non o somos pero non se trata diso… Para non ser machista nin actuar como tal nunca a pesar de que o noso corpo, a nosa voz, nos tente a iso non hai que crer que os homes e as mulleres somos iguais.

 Hai que sentilo e, ata que non o fagamos, poderemos en calquera momento actuar coma se fósemos superiores ante unha muller e, como non o somos, tan só fariamos gala de estúpidos e, aínda por riba, fariamos que unha muller sentise medo. Nesa situación nos sentiríamos, sen darnos conta, coma se xogásemos a facer sufrir a un animal, impedindo o paso a unha formiga, pero a realidade é moi distinta.

Nese momento nós seriamos a formiga e a muller a única persoa.





jueves, 17 de noviembre de 2011

Lembrando de cando levei de festa a un romano por Pontedeume (1ª parte)

Non me preguntedes como é posible, pero deuse que neste verán veu a visitarme un vello amigo da Antiga Roma. En fin, o caso é que me pediu que o levase a pasalo ben. Insistiu tanto que non me quedou outra que levalo comigo a Pontedeume. A min no me fixo moita gracia a idea pero que lle ía facer? Non lle ía dicir: mira que… dáme vergonza saír contigo. De todos modos, ó final non resultou ser así, pero iso o veremos pouco a pouco:

Era sábado e o único modo que tiñamos de chegar a Pontedeume era mediante o coche de liña. Non obstante, eu descartei esta posibilidade; non ía meterme no bus cun romano. Quero dicir, con alguén vestido de romano, pois iso pensaría a xente xa que ninguén crería que viña realmente de dous mil anos atrás... Entón o que fixen foi pedirlle a scooter a un amigo de confianza que, digamos, me debía un favor. E indo eu na moto, con casco, polo menos aforraríame o ridículo da viaxe. E aló fomos, eu levando a scooter e meu amigo, o romano Xulio, de paquete.


En canto chegamos ó pobo busquei un lugar para deixar a moto no que ninguén me puidese ver baixando dela con Xulio, así que me metín por unhas rúas estreitas un pouco máis alá do instituto de Breamo e deixei a scooter no sitio máis agochado que atopei. Coido que nunca estiven tan nervioso coma no momento no que baixei da moto e vin pasar pola miña cabeza o panorama que se presentaba para aquela noite. Pero pronto estas ideas desapareceron da miña mente ó mirar a Xulio; cando chegou de Roma, tan só me escandalizara pola súa aparencia pero non me fixara nalgúns detalles… Por debaixo da súa túnica puiden ver que meu amigo tiña as pernas depiladas. Pregunteille por isto e o que replicou foi que acababa de chegar dunha batalla e viuse obrigado a depilarse e a facerse tamén a manicura. <<Hai que ter bo aspecto para a guerra>>-dixo. E, na cabeza, levaba algo que xuraría non tiña cando chegou á miña casa. Levaba una coroa de pirixel ! A que, segundo dixo, levaba para “absorver os vapores etílicos”. O que pensei foi: pero estes romanos están tolos! Eu sabía que lles gustaba beber pero…

Cando deixamos os cascos xunta da moto naquela rúa estreita o primeiro que me preguntou foi que onde estaba o alcol. En fin... Meu amigo Xulio ía ao gran. Cando me dixo que quería ir a pasalo ben sen dúbida quería pasalo ben!

Eran xa as once e media e, coa cabeza pegada ao chan, fun con Xulio ata a gasoliñeira. Cando chegamos, pedinlle que se quedara fóra mentres eu compraba alcol. Cando saín con un par de botellas do máis forte que atopei (meu amigo parecía ser duro de fígado), Xulio achegouse a min. Tiña algo na man. <<escoita-dixo-. ¿Queres fornicar con algunha moza hoxe?>> Quedeime a cadros. <<si ho, xa sabes, fornice, que significa curvatura interior dun arco, xa que baixo as bóvedas das pontes e rueiros é onde se pode contratar os servizos das prostitutas romanas... Agora que tes o significado etimolóxico, entendes ou que pasa contigo, rapaz?>> Con medo polo que puidese facer Xulio, asentín. Nese memento ensinoume o que tiña na man. <<¿Menta?>> Dixen eu. <<Pois claro, home. É man dos deuses! Bótaa na bebida dunha moza e agarda xunto a ela a que faga efecto, xa verás… Toda túa!>>.
Non daba crédito. Pero alí estaba eu e, coa menta no meu peto, botei un ollada ó meu redor. Algunhas persoas xa se decataran da presenza de Xulio. Botei a andar diante del cara a alameda, pois parecía que non había xente alí e, polo menos, chamaría menos a atención.

Senteime con Xulio nun banco e saquei as botellas; se cadra o mellor era botarme a beber canto antes… <<Ei!>>-berroume. Eu mirei cara os lados. A xente comezaba a chegar… <<Dime>>-díxenlle en voz baixa para que el baixara tamén a voz. <<Tes papel?>> Nese momento quedei atónito. Xulio acababa de sacar do peto un tipo de herba, pero esta non era menta… ¿Dende cando os romanos…?

Non sei como me imaxinei o que seria saír de festa cun romano; supoño que só contaba con que gustaban de beber… Pero, dende logo, polo de agora meu amigo Xulio me estaba a sorprender de veras! E eu, de pronto, estaba máis tranquilo. Ese medo, ou máis ben pánico, que tiña ó ridículo desaparecera. Agora xa estabamos alí e non había volta atrás así que… de perdidos ao río!

Aínda quedaba unha longa noite por diante.


martes, 8 de noviembre de 2011

Lembrando que somos un barco nunha botella de vidro…

No post anterior falabamos das similitudes dun castrexo connosco, homes e mulleres do século vinteún, por seren todos seres humanos, fancendo especial fincapé no desexo de seren lembrados. Non obstante, todavía queda por falar…

Imaxinemos un barco nunha botella de vidro. Unha botella moi resistente dun vidro moi groso aínda que non moi ben pulimentado e irregular. O barco desta representa o home castrexo e a botella as condicións que manteñen a súa estabilidade. O tes? Ben, agora imaxinemos outro barco igual, que representa ó home actual, nun vidro moi fino e fráxil pero perfectamente labrado e totalmente uniforme que representa as condicións que manteñen a nosa estabilidade. Según isto..., non é máis fácil que se rompa o vidro do home de hoxe?
Non é, daquela, máis fácil que o home de hoxe se caia por vivir nunhas condicións máis precarias da súa estabilidade?

Conforme foi avanzando a historia do home, dende a súas orixes foise facendo máis complexa a estrutura na que convive (económica, social e política) e cada vez houbo máis descubrimentos científicos que nos levaron, pouco a pouco, a este contexto no que vivimos hoxe. E se ben é certo que este marco no que se encadra a vida de calquera persoa de hoxe é máis complexo que o dun castrexo tamén o é que o cadro segue sendo o mesmo, é decir, somos os mesmos só que nós nacemos nunca estrutura complicada froito de miles de anos de historia. Pero, en qué repercutiu isto?

 Esta estrutura xa construída ó nacer é algo ó que nos temos que adaptar dende o momento mesmo en que saímos do ventre da nosa nai e alguén na sala de partos anota a hora exacta na que nacemos. Pero non é certo que as veces esta estrutura pode máis ca nós? A súa presión…, non é capaz de facer quebrarse esa botella fráxil saída de fábrica que mantén a estabilidade do nóso barco?


Conforme foron pasando os anos fomos aprendendo da nosa propia historia, a dos homes, e polo tanto fómonos coñecendo cada vez máis ata o punto de que hoxe as relacións sociais son as que gobernan o mundo. Polo tanto, non cabe dúbida de que nós sabemos máis ca os castrexos de nós mesmos, das reaccións e límites do cerebro humano no que as emocións respecta pois, ó fin e ó cabo, levamos experimentado máis ca eles… Pero aqueles homes e mulleres dos castros, libres desa estructura ou sistema no que estamos envoltos agora, tiñan unha botella irregular que mantiña a estabilidade dos seus barcos, pois non facía falta ter ningunha forma para poder adaptarse, e que era polo tanto máis resistente xa que as condicións non daban lugar a fraxilidade…

Como seres humanos somos observadores e así como nós observamos o que temos, é decir, as consecuencias dos nosos actos, da historia e, polo tanto, o presente, os castrexos observaban a natureza que era, a súa vez, o seu presente. E ó igual que nós poderíamos ensinarlles a eles moitas cousas de nós mesmos, dos seres humanos, eles poderían, con toda seguridade, ensinarnos moitas cousas que non sabemos das nosas raíces co que chamamos a Terra. 
Das nosas raíces co universo.


miércoles, 2 de noviembre de 2011

Comezamos a lembrar...

Despois do teaser de presentación cómpre introducir un pouco mellor o que se vai tratar neste blog. E para iso debemos lembrar, lembrar a nósa vida de fai miles de anos. E non pretendo facer unha proclama da reencarnación, nin moito menos. Tan só pretendo que lembremos que hoxe, mañá, e no Neanderthal eramos seres humanos e, por tanto, iguais uns ós outros.



O medo a ser esquecidos, a que ninguén lembre o noso nome é un feito que, pensemos nel ou non, está aí e estivo sempre arraigado ós sentimentos dos homes. Quen non escribiu nunca o seu nome nunha parede? Quen non gravou unhas letras cunha pedra nunha árbore ou nalgunha outra superficie facendo gala de pouco civismo e, o mesmo tempo, de ser humano?
Facendo isto, índa que non se nos pase pola cabeza, o que pretendemos é que ese algo que fixemos, sexa o nóso nome ou un debuxo, quede para sempre ou, a lo menos, iso é o que nos gustaría. Todo ser humano desexa facer algo que perviva máis alá da súa propia mortalidade.


E cando vemos un petroglifo feito polo home castrexo podemos pensar moitas cousas: que era a súa maneira de conectar cos deuses; que marcaban as pedras por algún motivo simbólico... En resumo: pensamos que eran diferentes a nós. E pode que sí o foran no que respecta á súas cultura e ós seus ábitos, pero non no que respecta á súa condición de seres humanos e, polo tanto, de mortais. E é este feito o que non podemos esquecer.


Por qué gravaban os seus debuxos nas rochas e non os facían na terra ou na area? Non sería que non eran parvos, índa que o poidan parecer por vivir nunhas condicións nas que a tecnoloxía índa non estaba presente, e que sabían que un gravado nunha pedra perduraría no tempo? Non pretendían, pois, máis alá das súas crenzas e costumes, deixar algo propio na Terra para cando xa non estivesen?


 E é así que, nós, agora, facemos o mesmo. Cada un co seu, pero todos o facemos ou, senón, o faremos. Uns limítanse a facer méritos que sexan dignos de lembranza, outros procuran facer moitos amigos por aquilo de non caer no olvido e na soidade-alguén dixo que os seres humanos eramos animais sociais e non se equivocaba-. E outros fan arte, máis alá da necesidade de crear, coa que deixan algo para a posteridade.
Véxase, por exemplo, un grafiteiro de verdade e non aqueles que debuxan firmas ou garabatos nas fachadas ensuciando o ego artista dos que adícanse realmente a iso.

E, xa para rematar, hai outros, humanos e semellantes ós demáis- índa que pareza que non como ocorre tamén con aqueles que posúen fama- que, simplemente, fan verdadeiras obras de arte.