¿Fai falta, en realidade, alonxarnos do presente para comprender o pasado?

miércoles, 21 de marzo de 2012

Lembrando a Antonio Raimundo Ibáñez Llano y Valdés


Sen puntos e a parte. O marqués de sargadelos, foi linchado na porta da súa casa acusado de afrancesado. Crear unha fábrica de ferro e, máis adiante, unha de cerámica en Sargadelos levará o marqués á morte. Pero, por qué matalo? Hay que dicir que tamén fabricaba armas, pero non está facendo crecer a industria do país? Non está mellorando así a economía e o comercio nacional? A día de hoxe parece inhumana a cruenta escena que tivo lugar na porta da súa casa. Non obstante a situación pode entenderse dende dous puntos de vista. É ben certo que a fábrica de Sargadelos, froito dun emprendedor capitalista como Antonio Raimundo Ibáñez, foi unha oportunidade para España a nivel industrial e económico de considerables dimensións. E é certo tamén que se non fose asesinado de maneira tan cruel en Ribadeo, no 1809, poida que o seu proxecto  tivese acadado cumios moito más ambiciosos. A pesares de continuar funcionando a fábrica até o ano 1875, caía sobre ela o peso do escuro episodio na porta da casa do fundador. E, tal e como foi, o que puido ser non foi, a lo menos aquilo que podería ter sido se non se asesinase o Marqués de Sargadelos… Non obstante, hai que ter en conta a mentalidade dos asasinos do Marqués. A idea do capitalismo-a idea, tan só-, amosábase coma un cadro abstracto de cores negras e grises o cal calquera puritano, en tanto de coñecementos artísticos, non querería ter colgado enriba da cheminea da súa casa baixo ningún concepto. Non digo que fosen uns ilusos; o cadro do que falaba podería ser, ademáis de complexo a hora de entender e valorar, pésimo e horrendo coma ningún. Non obstante cando ves ameazada a composición e o estado natural da túa casa o mellor é sempre evitalo, non vaia ser (sobre todo se es galego). O concepto global de capitalismo e este caso puntual están estreitamente relacionados, non obstante falar de capitalismo, en rasgos xerais, causas e consecuencias, vantaxas e desvantaxas, sería entrar noutro debate. O que paga a pena apreciar e as dúas posturas que veño de marcar. A postura, se cadra máis sensata e prudente (non digo que sexa sensato e prudente asasinar, claro) e a postura ambiciosa, incerta, pero prometedora que tan ben caracteriza ó ser humano (e ó mesmo tempo o inhumano como noción), a cal leva a un cego de ollos sans, en moitos casos, a convertirse nun cego de ollos sans que deixa de ver tan só tebras, escuridade, e pasa a ver unha imaxe. Unha fotografía a cor que permanece sempre na súa retina, tanto se ten os ollos abertos coma se os ten pechados. Unha imaxe de beleza tal que todo o que non teña nada que ver con ela é tan desprezable e carente de significado como aquilo que non existe.

Lembrando a Batalla de Doniños

http://www.youtube.com/watch?v=o5saZD41vlM

martes, 7 de febrero de 2012

Lembrando á muller na Idade Media...

Se es muller, (ou home), e queres saber que facían as mulleres na Idade Media, ou a que se adicaban principalmente, fóra da súa condición de mulleres, a cal, polo de agora, segue sendo a mesma, invítote (ou invita Manolo, máis ben), a ver este clip.



Lembrando como lembrar a Idade Media en Galicia facilmente...

Agora xa non está de moda o método da marcha atrás... Creo que sabedes de que falo. Eu vou empregalo agora mesmo para que vexades qué facil é. Non obstante o fago só para explicar unha das técnicas posibles, se non tes facilidade ou tendencia natural...

Ben. Queremos entrar na Idade Media en Galicia, non é? Pois xa que Galicia a coñecemos empecemos por aí. Que tal O Courel? Para quen non o coñeza deixo unha fotografía dun bosque de castiñeiros do lugar.




Agora imaxinémonos que estamos aí mesmo. Como queremos entrar na Idade Media, non podemos levar a roupa que levamos agora nin o teléfono móvil. Así que imaxina a roupa que ti cres que levaban na Idade Media os galegos, se non sabes con certeza qué soían levar posto. Seguro que algo imaxinas.
Xa con isto, aí, xunto a un castiñeiro, miras fixamente cara él. Pechas os ollos. Lembra que estás na Idade Media, deixa que a túa cabeza, que da para moito máis do que cres, se encargue do demáis. Agora ábreos.

 Daste a volta. Todo está igual, verdade? Tan só os castiñeiros, as súas follas, a terra... Pero a túa roupa... O vento sopra con forza. Pero agarda. Se oen uns pasos a túa dereita. Te xiras. Non é unha muller? Leva a mirada pegada ao chan e a súa roupa seméllase a túa... Parece guapa, non? Agora óese algo ó lonxe. Parecen os ferros dun cabalo golpeando no chan e cada vez soan máis fortes. Dirixes a mirada ó lugar de onde vén o son e podes velo. É un xinete vestido con armadura e portando unha lanza na súa man esquerda. Chámate a atención o fermoso cabalo branco. Ben... qué queres facer? Achégaste a misteriosa moza ou segues os pasos do cabalo?
Ou, mellor aínda, o forte vento acaba de deterse. Pero non parece que vaia ser por moito tempo. Ti verás... te subes? Promete unhas vistas estupendas da Galicia do medievo...

Eu agora déixote só. Se puxeches algo da túa parte estarás nunha especie do mundo das Ideas de Platón pero aquí as ideas son historias, historias e máis historias. Tan só tes que deixar que unha delas te ensine o seu vagar. Hai infinitas... E pronto daraste conta de que ti non estás alí, de que tan só es unha imaxe invisible; coma un soño no que ti es tan só observador.

domingo, 25 de diciembre de 2011

Lembranzas do rei suevo Hermerico

A estancia estaba anegada de cores vermellos e granates. As súas paredes estaban engalanadas con enormes lenzos que representaban escenas de caza. E delas colgaban tamén, coma trofeos, numerosas cabezas de todo tipo de animais que semellaban estar aínda con vida unidos a aquel novo corpo que formaban as paredes do salón. As distintas peles de animais que facían as veces de alfombra apenas si deixaban ver a madeira de carballo da que estaba feita o chan. E nese gran salón tan só había un moble. Un enorme trono de pedra cun respaldo no que refulxían pedras preciosas perfilando as siluetas de sete espadas que parecían ir cravarse ao chan.

Estaba todo escuro. Pouco a pouco, foi quen de percibir as borrosas formas que se amontoaban en torno a el. E cando finalmente quedou todo lúcido afogou un grito que pareceu resoar moito máis alá da súa gorxa. Que era aquela estancia? Ó principio pareceulle que o silencio que reinaba nela era impertérrito. Tiña a sensación de que podía incluso escoitar os latexos do seu corazón oprimindo o seu peito acompañados tan só polos bufidos da súa respiración axitada. Pero pronto deu na conta de que estaba totalmente equivocado. Os latexos non eran seus; parecían provir das paredes. E a respiración... non era unha senón dúas. Ou tres... Agarda un intre... Non! Eran ducias e parecían vir daquelas cabezas que colgaban das paredes coma macabros trofeos dun cazador demente. De súpeto os seus ollos puxéronse coma pratos. Que era entón o que oprimía o seu peito?

Buscou unha porta, unha saída a aquela loucura. Pero non atopou nada naquelas paredes que non foran as cabezas que agora parecían ter unha expresión de rabia e os cadros que semellaban ter vida propia na profundidade das súas cores. Que demo era aquela pesadelo no que se atopaba inmerso? Dende logo non podía soportalo máis...

Xirou sobre si mesmo varias veces. Non podía dar crédito ao que agora vían os seus ollos. Estaba pasando de verdade ou os seus nervios estaban xogando con el coma se fose unha marioneta nas mans dun desapiadado comediante? As paredes estaban encolléndose e os animais abrían as súas fauces agardando o momento de chegar onda el para poder devoralo. As peles que recubrían o chan facíanse máis pequenas e, sen embargo, o suntuoso trono de pedra permanecía co seu tamaño orixinal. Sen pensalo dúas veces foi sentarse onda el.
E mentres permanecía alí sentando, cos pés subidos ó trono e vendo como aquelas fauces achegábanse cada vez máis, anhelaba coma nunca fixera antes que fose aquela pétrea cadeira quen de salvalo daquela loucura que o atrapara como unha xigantesca onda ó engulir un barco á deriva cara a negrura das súas profundidades.


-Esperta meu rei!
O rei Hermerico abriu os ollos e viu ó máis fiel dos seus guerreiros asomado entre as teas da tenda.
-Os vándalos achéganse polo leste, cara os Montes Narvasos.
Hermerico quedouse case dez segundos coa mirada perdida nalgún punto da súa dependencia de lona.
-Meu rei?
Nese intre Hermerico ergueuse.
-Da ordes. Que todos estean listos para a batalla. Quero balerio este campamento en quince minutos.
O guerreiro abandonou a tenda do rei. Hermerico saíu ó exterior. Os primeiros raios de sol acariciaron maternais o seu rostro. O rei dos suevos deixou arrolar a súa mirada polo campamento.
Tiña algo claro. Se non morría ese día ía haber moitas almas ás súas costas desexando levalo con elas. E pode que, co paso tempo, fora quen de borrar as imaxes da batalla da súa mente. Pero hai algo que nunca sería capaz de esquecer.

As cabezas dos animais colgando das paredes vermellas daquel salón, as súas respiracións axitadas e feroces e os seus latexos, fundidos nun só, resoando nas paredes daquel salón de caza.

domingo, 27 de noviembre de 2011

Lembrando de cando levei de festa a un romano por Pontedeume (2ª parte)

Os “vapores etílicos”, como Xulio os chamaba, saturaban xa a súa cabeza (a pesares da coroa de pirixel), a miña e a das trinta ou corenta persoas que tiñamos en torno a nós. A chamativa figura do meu amigo fora achegando xente a medida que avanzaba a noite e, debeu ser gracias o alcol, a maioría dos presentes estaban xa tan seguros coma min de que Xulio viña da cidade de Roma de dous mil anos atrás.


 Xulio levaba xa tempo abondo falando da súa muller. Contounos que, polas noites, acostumaba a pasearse pola domus cunha mascarilla de pasta e leite de burra (tectorium) para mellorar o seu cutes e, ás veces, con outra feita de arroz e fariña de faba para as engurras. Dixo tamén que a súa escrava enchíase a boca de perfume e que o pulverizaba sobre a súa muller para que ulise ben-Xulio pediunos que non o contásemos por aí, pero dixo que aborrecía aquel perfume-. En fin…  Despois dixo algo que primeiro fixo rir a xente e despois case ofendeu… Contou que os romanos acostumaban a lavar os dentes con ouriños e despois deunos a noraboa a todos. A xente non comprendeu isto (non obstante algúns rían por rir). Eu pedinlle que se explicase e informounos de que os ouriños de Hispania eran os máis cotizados. E, como non, máis de un fixo a gracia e aproveitou para regar os álamos do parque dicindo a berros que era o mellor mexo do mundo. Cousas do alcol, vaia.



Despois, como non, preguntáronlle pola súa vida sexual coa muller (obviamente, non con estas palabras). E Xulio decidiu comezar polo principio: <<A noite de vodas… A verdade non sei como sucedeu aquilo-a xente estaba máis atenta que nunca-. Miña nai puxera unha xarra de mel ó carón do leito para que non me faltaran enerxías pero…-algunhas risas descontroladas-. A pesares disto non fun capaz de desflorar a rosa…>> A partir de aquí a Xulio lle custou continuar; a xente non era capaz de manter os seus abdomes relaxados. Finalmente, cando xa empezaban a doer, puido continuar: <<Obviamente tiven que actuar como manda a tradición… Obriguei a miña muller a practicar o coito cunha imaxe de madeira do deus Priapo representado, faltaría máis!, cun gran falo erecto>>. Neste momento a hilaridade acadou o seu nivel máis alto na alameda de Pontedeume e, entre berros descontrolados e risas acompañadas de bágoas, meu amigo Xulio separouse do grupo e foi baleirar o estómago xunta dun banco preto de alí. 

E, non sei porqué, pero foi aquí onde rematou a noite pois eu non me acordo de nada máis. O que pintaba ser unha das peores noites da miña vida resultou ser unha das máis memorables… Polo que sei, Xulio e máis eu volvemos na scooter xa pola mañá e el, ese mesmo día pola noite, esfumouse coma por arte de maxia cara a Antiga Roma.


Ben, aproveitando agora que Xulio xa non está na miña casa, vou falar un pouco de algo que de seguro non lle ía gustar…
 Hai moitísimas cousas que se poden sacar en limpo de nós, como homes e mulleres, se estudamos unha situación coma a da miña anécdota co meu amigo Xulio tendo tanto en conta a situación coma o feito de tratarse dun home do pasado. Pero como non quero escribir a Biblia (a lo menos non enteira) vou falar de algo concreto:
É máis que evidente que Xulio é machista a máis non poder. A súa sociedade natal o é. Pero hoxe esta idea segue existindo. Non ocorren tantas salvaxadas coma na Antiga Roma pero si ocorren. E é moi curioso que aínda que moitos homes non se consideren machistas e cheguen incluso a aborrecer iso actúen ás veces como tal, e non falo de golpear a unha muller; falo de machismo é non é só iso.

Por que as veces xogamos con algún animal pequeno como, por exemplo, cando impedimos o paso dunha formiga cos nosos pes? É para ver que fai a formiga ou porque inconscientemente nos sentimos “poderosos” ó sentirnos superiores a outro ser vivo, capaces de dominalo?

Moitos homes que sempre pensaron estar en contra do machismo actuaron algunha vez así: berrándolle a unha muller ou sentindo desprezo por ela, coma se fose algo inferior, a causa de algo que fixera. Pode ser que haxa unha tendencia biolóxica ó machismo… É dicir, que ó ser os homes máis fortes e vigorosos que as mulleres por natureza haxa unha predilección a sentirse superior a elas e, por tanto, a actuar como se tal ás veces…

Xulio está convencido de que é machista pero, e nós? Soemos crer que non o somos pero non se trata diso… Para non ser machista nin actuar como tal nunca a pesar de que o noso corpo, a nosa voz, nos tente a iso non hai que crer que os homes e as mulleres somos iguais.

 Hai que sentilo e, ata que non o fagamos, poderemos en calquera momento actuar coma se fósemos superiores ante unha muller e, como non o somos, tan só fariamos gala de estúpidos e, aínda por riba, fariamos que unha muller sentise medo. Nesa situación nos sentiríamos, sen darnos conta, coma se xogásemos a facer sufrir a un animal, impedindo o paso a unha formiga, pero a realidade é moi distinta.

Nese momento nós seriamos a formiga e a muller a única persoa.