¿Fai falta, en realidade, alonxarnos do presente para comprender o pasado?

martes, 7 de febrero de 2012

Lembrando á muller na Idade Media...

Se es muller, (ou home), e queres saber que facían as mulleres na Idade Media, ou a que se adicaban principalmente, fóra da súa condición de mulleres, a cal, polo de agora, segue sendo a mesma, invítote (ou invita Manolo, máis ben), a ver este clip.



Lembrando como lembrar a Idade Media en Galicia facilmente...

Agora xa non está de moda o método da marcha atrás... Creo que sabedes de que falo. Eu vou empregalo agora mesmo para que vexades qué facil é. Non obstante o fago só para explicar unha das técnicas posibles, se non tes facilidade ou tendencia natural...

Ben. Queremos entrar na Idade Media en Galicia, non é? Pois xa que Galicia a coñecemos empecemos por aí. Que tal O Courel? Para quen non o coñeza deixo unha fotografía dun bosque de castiñeiros do lugar.




Agora imaxinémonos que estamos aí mesmo. Como queremos entrar na Idade Media, non podemos levar a roupa que levamos agora nin o teléfono móvil. Así que imaxina a roupa que ti cres que levaban na Idade Media os galegos, se non sabes con certeza qué soían levar posto. Seguro que algo imaxinas.
Xa con isto, aí, xunto a un castiñeiro, miras fixamente cara él. Pechas os ollos. Lembra que estás na Idade Media, deixa que a túa cabeza, que da para moito máis do que cres, se encargue do demáis. Agora ábreos.

 Daste a volta. Todo está igual, verdade? Tan só os castiñeiros, as súas follas, a terra... Pero a túa roupa... O vento sopra con forza. Pero agarda. Se oen uns pasos a túa dereita. Te xiras. Non é unha muller? Leva a mirada pegada ao chan e a súa roupa seméllase a túa... Parece guapa, non? Agora óese algo ó lonxe. Parecen os ferros dun cabalo golpeando no chan e cada vez soan máis fortes. Dirixes a mirada ó lugar de onde vén o son e podes velo. É un xinete vestido con armadura e portando unha lanza na súa man esquerda. Chámate a atención o fermoso cabalo branco. Ben... qué queres facer? Achégaste a misteriosa moza ou segues os pasos do cabalo?
Ou, mellor aínda, o forte vento acaba de deterse. Pero non parece que vaia ser por moito tempo. Ti verás... te subes? Promete unhas vistas estupendas da Galicia do medievo...

Eu agora déixote só. Se puxeches algo da túa parte estarás nunha especie do mundo das Ideas de Platón pero aquí as ideas son historias, historias e máis historias. Tan só tes que deixar que unha delas te ensine o seu vagar. Hai infinitas... E pronto daraste conta de que ti non estás alí, de que tan só es unha imaxe invisible; coma un soño no que ti es tan só observador.