¿Fai falta, en realidade, alonxarnos do presente para comprender o pasado?

miércoles, 21 de marzo de 2012

Lembrando a Antonio Raimundo Ibáñez Llano y Valdés


Sen puntos e a parte. O marqués de sargadelos, foi linchado na porta da súa casa acusado de afrancesado. Crear unha fábrica de ferro e, máis adiante, unha de cerámica en Sargadelos levará o marqués á morte. Pero, por qué matalo? Hay que dicir que tamén fabricaba armas, pero non está facendo crecer a industria do país? Non está mellorando así a economía e o comercio nacional? A día de hoxe parece inhumana a cruenta escena que tivo lugar na porta da súa casa. Non obstante a situación pode entenderse dende dous puntos de vista. É ben certo que a fábrica de Sargadelos, froito dun emprendedor capitalista como Antonio Raimundo Ibáñez, foi unha oportunidade para España a nivel industrial e económico de considerables dimensións. E é certo tamén que se non fose asesinado de maneira tan cruel en Ribadeo, no 1809, poida que o seu proxecto  tivese acadado cumios moito más ambiciosos. A pesares de continuar funcionando a fábrica até o ano 1875, caía sobre ela o peso do escuro episodio na porta da casa do fundador. E, tal e como foi, o que puido ser non foi, a lo menos aquilo que podería ter sido se non se asesinase o Marqués de Sargadelos… Non obstante, hai que ter en conta a mentalidade dos asasinos do Marqués. A idea do capitalismo-a idea, tan só-, amosábase coma un cadro abstracto de cores negras e grises o cal calquera puritano, en tanto de coñecementos artísticos, non querería ter colgado enriba da cheminea da súa casa baixo ningún concepto. Non digo que fosen uns ilusos; o cadro do que falaba podería ser, ademáis de complexo a hora de entender e valorar, pésimo e horrendo coma ningún. Non obstante cando ves ameazada a composición e o estado natural da túa casa o mellor é sempre evitalo, non vaia ser (sobre todo se es galego). O concepto global de capitalismo e este caso puntual están estreitamente relacionados, non obstante falar de capitalismo, en rasgos xerais, causas e consecuencias, vantaxas e desvantaxas, sería entrar noutro debate. O que paga a pena apreciar e as dúas posturas que veño de marcar. A postura, se cadra máis sensata e prudente (non digo que sexa sensato e prudente asasinar, claro) e a postura ambiciosa, incerta, pero prometedora que tan ben caracteriza ó ser humano (e ó mesmo tempo o inhumano como noción), a cal leva a un cego de ollos sans, en moitos casos, a convertirse nun cego de ollos sans que deixa de ver tan só tebras, escuridade, e pasa a ver unha imaxe. Unha fotografía a cor que permanece sempre na súa retina, tanto se ten os ollos abertos coma se os ten pechados. Unha imaxe de beleza tal que todo o que non teña nada que ver con ela é tan desprezable e carente de significado como aquilo que non existe.

No hay comentarios:

Publicar un comentario