¿Fai falta, en realidade, alonxarnos do presente para comprender o pasado?

viernes, 18 de mayo de 2012

Lembrando a transformación do fútbol (do Dépor) en Galicia

O deportivo da Coruña nace no ano 1906 co nome de "Club Deportivo de la Sala Calvet". Será tres anos máis tarde cando, con motivo dunha visita do rei Afonso XIII á cidade, se nomee ó mesmo como presidente honorífico adquirindo así o nome actual: Real Club Deportivo de la Coruña.



Cal é a historia deste clube? Para sabelo non tedes máis que facer clique aquí; a Wikipedia pode resolver todas as dúbidas ó respecto. Eu vou falar doutra cousa. E podería ou ben poñerme no lado do aficionado devoto dicindo: Como é posible que un grupo de compañeiros que se reúnan para xogar acaben, sen darse case de conta, construindo algo tan grande, unha paixón, un sentimento coma é o Deportivo da Coruña? Ou podería, tamén, comezar dicindo: Como é que algo tan san e tan puro coma facer deporte acabe estigmatizado de tal xeito pola codicia do home chegando, incluso, a cegar a este facéndoo esquencer a súa vida real? E case que me quedo coa segunda...


No momento en que se chega a algo, no momento en que se triunfa e ábrense camiños cun fermoso paisaxe no horizonte os intereses económicos aparecen como as abellas nun campo en primaveira. Pero, obviamente, os intereses económicos non se moven sós; son parásitos que se alimentan da debilidade e da avaricia dos homes e poden residir no seu organismo ata o seu último alento chegando a nublar por completo a vista do seu hóspede e creando unha nova retina.



Ben, iso por un lado... Por outro temos a alma perdida, o eu esquencido nalgunha etapa da vida, posiblemente na adolescencia. A persoa vacía ou enganadamente chea. Falemos, pois do hipócrita que confunde un hobby, unha afición, con algo que na realidade está a acaparar a súa vida ata o punto de que o seu estado de ánimo e a súa felicidade depende do estado actual e futuro do seu clube pasando así a súa familia a ocupar un lugar secundario a pesar de que unha voz lle susurra na súa cabeza: <<A túa familia é o primeiro, o que pasa é que tes unha afición, nada máis... O futbol só te importa o xusto>>. Distinguimos, pois, dous tipos de hipócritas. O hipócrita en grado maior, que é do que veño de falar, e o hipócrita en grado menor que, a lo menos, recoñece que o fútbol lle leva a vida e que é o que enche a súa existencia (falemos dos Blues ou outros tantos...).



Pero isto trae consecuencias colaterais... Casualidade? Temos xente que non pensa máis que no fútbol. Quero dicir, xente que non pensa, punto. Repito, casualidade? Casualidade que outros poidan mover máis fichas, roubar, enganar, sen que a xente se alporice máis do xusto porque prefire ver un partido a pensar? É tan só froito do azar ou da propia demanda que a programación das televisións públicas e tamén privadas  esté asolagada de fútbol?


Eu tan só invitaría a pensar no empresario. Non no empresario medio, no empresario de verdade, no capitalista auténtico, chámalle Rockefeller ou chámalle como queiras. Imaxínao sentado no seu sofá, cunha copa de whiskey con xeo na man falando cun colega de oficio-de intereses-, dicindo mentres mira a súa copa: << Queren fútbol? >>. Agora levanta a mirada e mira ós ollos ao seu compañeiro. << Pois darémoslles fútbol, que non se diga que miramos só por nós mesmos >>.


Non sei ti, pero eu xa escoito as súas risas aquí, e iso que nos separa un océano enteiro.



No hay comentarios:

Publicar un comentario