Os “vapores etílicos”, como Xulio os chamaba, saturaban xa a súa cabeza (a pesares da coroa de pirixel), a miña e a das trinta ou corenta persoas que tiñamos en torno a nós. A chamativa figura do meu amigo fora achegando xente a medida que avanzaba a noite e, debeu ser gracias o alcol, a maioría dos presentes estaban xa tan seguros coma min de que Xulio viña da cidade de Roma de dous mil anos atrás.
Xulio levaba xa tempo abondo falando da súa muller. Contounos que, polas noites, acostumaba a pasearse pola domus cunha mascarilla de pasta e leite de burra (tectorium) para mellorar o seu cutes e, ás veces, con outra feita de arroz e fariña de faba para as engurras. Dixo tamén que a súa escrava enchíase a boca de perfume e que o pulverizaba sobre a súa muller para que ulise ben-Xulio pediunos que non o contásemos por aí, pero dixo que aborrecía aquel perfume-. En fin… Despois dixo algo que primeiro fixo rir a xente e despois case ofendeu… Contou que os romanos acostumaban a lavar os dentes con ouriños e despois deunos a noraboa a todos. A xente non comprendeu isto (non obstante algúns rían por rir). Eu pedinlle que se explicase e informounos de que os ouriños de Hispania eran os máis cotizados. E, como non, máis de un fixo a gracia e aproveitou para regar os álamos do parque dicindo a berros que era o mellor mexo do mundo. Cousas do alcol, vaia.

E, non sei porqué, pero foi aquí onde rematou a noite pois eu non me acordo de nada máis. O que pintaba ser unha das peores noites da miña vida resultou ser unha das máis memorables… Polo que sei, Xulio e máis eu volvemos na scooter xa pola mañá e el, ese mesmo día pola noite, esfumouse coma por arte de maxia cara a Antiga Roma.
Ben, aproveitando agora que Xulio xa non está na miña casa, vou falar un pouco de algo que de seguro non lle ía gustar…
Hai moitísimas cousas que se poden sacar en limpo de nós, como homes e mulleres, se estudamos unha situación coma a da miña anécdota co meu amigo Xulio tendo tanto en conta a situación coma o feito de tratarse dun home do pasado. Pero como non quero escribir a Biblia (a lo menos non enteira) vou falar de algo concreto:
É máis que evidente que Xulio é machista a máis non poder. A súa sociedade natal o é. Pero hoxe esta idea segue existindo. Non ocorren tantas salvaxadas coma na Antiga Roma pero si ocorren. E é moi curioso que aínda que moitos homes non se consideren machistas e cheguen incluso a aborrecer iso actúen ás veces como tal, e non falo de golpear a unha muller; falo de machismo é non é só iso.
Por que as veces xogamos con algún animal pequeno como, por exemplo, cando impedimos o paso dunha formiga cos nosos pes? É para ver que fai a formiga ou porque inconscientemente nos sentimos “poderosos” ó sentirnos superiores a outro ser vivo, capaces de dominalo?
Moitos homes que sempre pensaron estar en contra do machismo actuaron algunha vez así: berrándolle a unha muller ou sentindo desprezo por ela, coma se fose algo inferior, a causa de algo que fixera. Pode ser que haxa unha tendencia biolóxica ó machismo… É dicir, que ó ser os homes máis fortes e vigorosos que as mulleres por natureza haxa unha predilección a sentirse superior a elas e, por tanto, a actuar como se tal ás veces…
Xulio está convencido de que é machista pero, e nós? Soemos crer que non o somos pero non se trata diso… Para non ser machista nin actuar como tal nunca a pesar de que o noso corpo, a nosa voz, nos tente a iso non hai que crer que os homes e as mulleres somos iguais.
Hai que sentilo e, ata que non o fagamos, poderemos en calquera momento actuar coma se fósemos superiores ante unha muller e, como non o somos, tan só fariamos gala de estúpidos e, aínda por riba, fariamos que unha muller sentise medo. Nesa situación nos sentiríamos, sen darnos conta, coma se xogásemos a facer sufrir a un animal, impedindo o paso a unha formiga, pero a realidade é moi distinta.
Nese momento nós seriamos a formiga e a muller a única persoa.