¿Fai falta, en realidade, alonxarnos do presente para comprender o pasado?

martes, 8 de noviembre de 2011

Lembrando que somos un barco nunha botella de vidro…

No post anterior falabamos das similitudes dun castrexo connosco, homes e mulleres do século vinteún, por seren todos seres humanos, fancendo especial fincapé no desexo de seren lembrados. Non obstante, todavía queda por falar…

Imaxinemos un barco nunha botella de vidro. Unha botella moi resistente dun vidro moi groso aínda que non moi ben pulimentado e irregular. O barco desta representa o home castrexo e a botella as condicións que manteñen a súa estabilidade. O tes? Ben, agora imaxinemos outro barco igual, que representa ó home actual, nun vidro moi fino e fráxil pero perfectamente labrado e totalmente uniforme que representa as condicións que manteñen a nosa estabilidade. Según isto..., non é máis fácil que se rompa o vidro do home de hoxe?
Non é, daquela, máis fácil que o home de hoxe se caia por vivir nunhas condicións máis precarias da súa estabilidade?

Conforme foi avanzando a historia do home, dende a súas orixes foise facendo máis complexa a estrutura na que convive (económica, social e política) e cada vez houbo máis descubrimentos científicos que nos levaron, pouco a pouco, a este contexto no que vivimos hoxe. E se ben é certo que este marco no que se encadra a vida de calquera persoa de hoxe é máis complexo que o dun castrexo tamén o é que o cadro segue sendo o mesmo, é decir, somos os mesmos só que nós nacemos nunca estrutura complicada froito de miles de anos de historia. Pero, en qué repercutiu isto?

 Esta estrutura xa construída ó nacer é algo ó que nos temos que adaptar dende o momento mesmo en que saímos do ventre da nosa nai e alguén na sala de partos anota a hora exacta na que nacemos. Pero non é certo que as veces esta estrutura pode máis ca nós? A súa presión…, non é capaz de facer quebrarse esa botella fráxil saída de fábrica que mantén a estabilidade do nóso barco?


Conforme foron pasando os anos fomos aprendendo da nosa propia historia, a dos homes, e polo tanto fómonos coñecendo cada vez máis ata o punto de que hoxe as relacións sociais son as que gobernan o mundo. Polo tanto, non cabe dúbida de que nós sabemos máis ca os castrexos de nós mesmos, das reaccións e límites do cerebro humano no que as emocións respecta pois, ó fin e ó cabo, levamos experimentado máis ca eles… Pero aqueles homes e mulleres dos castros, libres desa estructura ou sistema no que estamos envoltos agora, tiñan unha botella irregular que mantiña a estabilidade dos seus barcos, pois non facía falta ter ningunha forma para poder adaptarse, e que era polo tanto máis resistente xa que as condicións non daban lugar a fraxilidade…

Como seres humanos somos observadores e así como nós observamos o que temos, é decir, as consecuencias dos nosos actos, da historia e, polo tanto, o presente, os castrexos observaban a natureza que era, a súa vez, o seu presente. E ó igual que nós poderíamos ensinarlles a eles moitas cousas de nós mesmos, dos seres humanos, eles poderían, con toda seguridade, ensinarnos moitas cousas que non sabemos das nosas raíces co que chamamos a Terra. 
Das nosas raíces co universo.


11 comentarios:

  1. moi bo Iago, o da letra o puseches ti o e cousa do meu pc?

    ResponderEliminar
  2. Cambia a configuración Marcos ! xD

    ResponderEliminar
  3. moi boa entrada si señor, felicitoche Iago jajaja

    ResponderEliminar
  4. Encántame esta entrada!! :) Respecto ó último parágrafo do texto tes moita razón! A relación con "gaia" dos nosos devanceiros era claramente máis forte que hoxe en día, polo tanto, como sempre temos qué aprender deles, deberíamos de prestarlles máis antención neste aspecto, xa que cada vez temos menos "relación coa natureza" ou polo menos ese gran respeto que eles lle tiñan e do que tiñamos moito que aprender! 1 bico!

    ResponderEliminar
  5. P.D : O teu título da moito que pensar tamén! interesante cuestión...

    ResponderEliminar
  6. Gracias Elda! Sí, o asunto é algo que está aí aínda que estemos máis pendentes de cando dan, por exemplo, "Hombres mujeres y viceversa", e non teñamos tempo para plantearnos esta ou otras cuestións que nos afectan moito máis directamente que o que pasa na TV...

    ResponderEliminar
  7. Tes toda a razón do mundo mundial (como di manolo xD) Tema a parte; estoulle a facer boikot a tele 5!
    Menos mal que alguen se preocupa de plantexar estas cuestións e non da programación do corazón jaja

    ResponderEliminar
  8. Sorte con ese boikot! Faríaslle un favor ós españois jaja

    ResponderEliminar
  9. Por certo Iago, estouche a copiar unhas pelis das que tes no teu perfil que aínda non vin e parécenme moi boas opcións :)

    ResponderEliminar
  10. Eu tamén teño que ver algunha das que tes que aínda non vin. Xa me contarás :)

    ResponderEliminar