¿Fai falta, en realidade, alonxarnos do presente para comprender o pasado?

jueves, 17 de noviembre de 2011

Lembrando de cando levei de festa a un romano por Pontedeume (1ª parte)

Non me preguntedes como é posible, pero deuse que neste verán veu a visitarme un vello amigo da Antiga Roma. En fin, o caso é que me pediu que o levase a pasalo ben. Insistiu tanto que non me quedou outra que levalo comigo a Pontedeume. A min no me fixo moita gracia a idea pero que lle ía facer? Non lle ía dicir: mira que… dáme vergonza saír contigo. De todos modos, ó final non resultou ser así, pero iso o veremos pouco a pouco:

Era sábado e o único modo que tiñamos de chegar a Pontedeume era mediante o coche de liña. Non obstante, eu descartei esta posibilidade; non ía meterme no bus cun romano. Quero dicir, con alguén vestido de romano, pois iso pensaría a xente xa que ninguén crería que viña realmente de dous mil anos atrás... Entón o que fixen foi pedirlle a scooter a un amigo de confianza que, digamos, me debía un favor. E indo eu na moto, con casco, polo menos aforraríame o ridículo da viaxe. E aló fomos, eu levando a scooter e meu amigo, o romano Xulio, de paquete.


En canto chegamos ó pobo busquei un lugar para deixar a moto no que ninguén me puidese ver baixando dela con Xulio, así que me metín por unhas rúas estreitas un pouco máis alá do instituto de Breamo e deixei a scooter no sitio máis agochado que atopei. Coido que nunca estiven tan nervioso coma no momento no que baixei da moto e vin pasar pola miña cabeza o panorama que se presentaba para aquela noite. Pero pronto estas ideas desapareceron da miña mente ó mirar a Xulio; cando chegou de Roma, tan só me escandalizara pola súa aparencia pero non me fixara nalgúns detalles… Por debaixo da súa túnica puiden ver que meu amigo tiña as pernas depiladas. Pregunteille por isto e o que replicou foi que acababa de chegar dunha batalla e viuse obrigado a depilarse e a facerse tamén a manicura. <<Hai que ter bo aspecto para a guerra>>-dixo. E, na cabeza, levaba algo que xuraría non tiña cando chegou á miña casa. Levaba una coroa de pirixel ! A que, segundo dixo, levaba para “absorver os vapores etílicos”. O que pensei foi: pero estes romanos están tolos! Eu sabía que lles gustaba beber pero…

Cando deixamos os cascos xunta da moto naquela rúa estreita o primeiro que me preguntou foi que onde estaba o alcol. En fin... Meu amigo Xulio ía ao gran. Cando me dixo que quería ir a pasalo ben sen dúbida quería pasalo ben!

Eran xa as once e media e, coa cabeza pegada ao chan, fun con Xulio ata a gasoliñeira. Cando chegamos, pedinlle que se quedara fóra mentres eu compraba alcol. Cando saín con un par de botellas do máis forte que atopei (meu amigo parecía ser duro de fígado), Xulio achegouse a min. Tiña algo na man. <<escoita-dixo-. ¿Queres fornicar con algunha moza hoxe?>> Quedeime a cadros. <<si ho, xa sabes, fornice, que significa curvatura interior dun arco, xa que baixo as bóvedas das pontes e rueiros é onde se pode contratar os servizos das prostitutas romanas... Agora que tes o significado etimolóxico, entendes ou que pasa contigo, rapaz?>> Con medo polo que puidese facer Xulio, asentín. Nese memento ensinoume o que tiña na man. <<¿Menta?>> Dixen eu. <<Pois claro, home. É man dos deuses! Bótaa na bebida dunha moza e agarda xunto a ela a que faga efecto, xa verás… Toda túa!>>.
Non daba crédito. Pero alí estaba eu e, coa menta no meu peto, botei un ollada ó meu redor. Algunhas persoas xa se decataran da presenza de Xulio. Botei a andar diante del cara a alameda, pois parecía que non había xente alí e, polo menos, chamaría menos a atención.

Senteime con Xulio nun banco e saquei as botellas; se cadra o mellor era botarme a beber canto antes… <<Ei!>>-berroume. Eu mirei cara os lados. A xente comezaba a chegar… <<Dime>>-díxenlle en voz baixa para que el baixara tamén a voz. <<Tes papel?>> Nese momento quedei atónito. Xulio acababa de sacar do peto un tipo de herba, pero esta non era menta… ¿Dende cando os romanos…?

Non sei como me imaxinei o que seria saír de festa cun romano; supoño que só contaba con que gustaban de beber… Pero, dende logo, polo de agora meu amigo Xulio me estaba a sorprender de veras! E eu, de pronto, estaba máis tranquilo. Ese medo, ou máis ben pánico, que tiña ó ridículo desaparecera. Agora xa estabamos alí e non había volta atrás así que… de perdidos ao río!

Aínda quedaba unha longa noite por diante.


7 comentarios:

  1. OOO MEU DEUS! Me encanta Iago, incrible.

    pero con respecto a isto "foi pedirlle a scooter a un amigo de confianza que, digamos, me debía un favor"

    Que clase de favor e!!

    ResponderEliminar
  2. aai... non me acordo ben diso jajaja

    ResponderEliminar
  3. gustoume moito a tua entrada do teu blog enhoraboa iago,e unha entrada distinta ao do resto moi boa mezcla das culturas romanas as culturas da idade contemporanea,xa teño ganas de saber como acaba a tua historia co romano en pontedeume..

    ResponderEliminar
  4. Pois si... algunhas herbas utilizábanse dende a mais remota antigüidade.. Non estaría mal que romano explicara os diferentes licores e bebidas cando ia de marcha por roma (ou por Lucus). Ise romano onde naceu?. É un galaico romano ou un romano-romano de rancio abolengo?.. Polo demais agardo ver cómo remata esta peculiar versión de "Jo, que noche" de Scorsese...

    ResponderEliminar
  5. Gracias Álvaro ! Gustame a comparacion Manolo jajaja De todos modos, este é un romano tímido así que haberá que esperar a que o alcol e demais substancias fagan efecto para que se bote a falar de sí mesmo...

    ResponderEliminar
  6. Moi booooooo! Encántame! sobre todo esa gran conversa que teñen fora da gasoliñeira jajajaja enorme!
    x certo,ten bo gusto o romano que ven a sair a Pontedeume jajaja

    ResponderEliminar
  7. gracias Elda :)Como era verán tiña que ser Pontedeume... jajaja

    ResponderEliminar